Migrar de Drupal a WordPress
Martes, 6-Xaneiro-2009 16:11Se tes un sitio en Drupal e xa te convenciches de que WORDPRESS se adapta mellor ás túas necesidades, é mais fácil de xestionar e promover, hai algunhas cousas que debes saber para migrar de Drupal a WORDPRESS, e é que o que mais guerra che vai dar é a migración das táboas da base de datos.
Para elo, fai xa tempo Sebastián Villalba creou un ficheiro de texto con tódolos scripts necesarios para face-la migración, baseandose na guia de vrypan ampliada por D’arcy Norman.
No ficheiro de texto atoparás a seguinte información:
* Querys para face-la migración en SQL da base de datos de Drupal a Wordpress de entradas (posts), comentarios, foros, páxinas, usuarios e categorías, respectando borradores e comentarios pendentes de validar.
* Script en PHP para actualiza-lo contador de comentarios das entradas, baseado en Wordpress 2.0 not showing comment count (o script orixinal non tiña en conta o estado de validación dos comentarios).
* Query en SQL para importar citas do módulo Quotes de Drupal ó plugin WP-Topics 2.2.0 de Wordpress
* Query en SQL para importar citas do módulo Quotes de Drupal ó plugin Random Quote Plugin
* Se por algún estraño motivo o noso usuario administrador deixase de funcionar correctamente, podemos usar este script para recupera-los privilegios Restore Administrator Permissions
* Probas e migración realizada dende Drupal 4.5 a Wordpress 2.0.2.
O ficheiro de texto podelo descargar deste enlace ou dende a páxina de Sebastián.
Guia para Converter un foro phpBB 2 a phpBB 3 paso a paso
Venres, 2-Xaneiro-2009 1:43Ola a todos.
A continuación vou explicar como converte-lo voso foro PHPBB 2 á recente versión PHPBB 3.
Imos face-los seguintes pasos.
1. Como sempre, en todo proceso de actualización ou modificación, facemos unha copia de seguridade de todo o noso foro, xa sexa arquivos como base de datos.
2. Seguidamente pechámo-lo acceso ó noso foro PHPBB 2 dende a ACP, é dicir, o deshabilitamos temporalmente.
3. A continuación, creamos unha base de datos nova onde se instalará a nova versión de PHPBB 3.
4. Agora descargámono-la última versión de PHPBB 3 en galego preinstalada de http://www.egalego.com/phpbb/
e subímolo nunha carpeta distinta a onde témo-lo noso foro coa versión PHPBB 2 funcionando.
5. Unha vez subido, realizámo-lo proceso de instalación da versión PHPBB 3, como se fóra unha instalación limpa.
6. Ben, xusto antes de saír completamente do menú de instalación, felicitasenos por instala-la nova versión de PHPBB.
7. Agora vén a parte importante, a conversión ou traspaso de información do noso foro PHPBB 2 a PHPBB 3.
8. Arriba do todo, temos unha pestana que pon CONVERTER ou CONVERT. (segundo o linguaxe)
9. Seleccionámo-lo conversor que nos interesa, no noso caso é: PHPBB 2.0.x
10. Agora, nos volve a saír unha paxina para introducir uns datos de conexión a unha BD. Ben, estes datos deben se-los que pertencen ó foro PHPBB 2, que será de onde se copiarán os datos.
11. Unha vez completados os datos, empezámo-la conversión.
12. Observaremos que o sistema empeza a traballar só, deamoslle tempo a copiar tódolos datos.
13. Finalmente, Conversión Completada.
Accións posteriores á conversión do noso foro.
1. Cambiámo-lo nome ou borrámo-la carpeta /install/
2. Probablemente, cando finalizou a conversión, deunos un aviso sobre que non se puido copia-lo índice de buscas.
3. Ben, só temos que acceder ó noso foro PHPBB 3, á ACP, na pestana de MANTEMENTO ou MAINTENANCE.
4. Entramos á opción ÍNDICE DE BUSCA ou SEARCH INDEX, e reconstruímo-los nosos índices. (depende do tamaño da BD tardará mais ou menos)
5. Lembrade, que sería recomendable, que percorrésedes toda a ACP, revisando as configuracións, permisos de foros, de usuarios, etc…
6. Tamén fará falta move-lo foro PHPBB 3 ó mesmo directorio que a versión PHPBB 2.
Pero sen mestura-los seus arquivos, o foro PHPBB 2, cambiádeslle o nome á carpeta.
E revisade que o valor do campo script_path da táboa phpbb_config na BD é correcto segundo o directorio onde poñáde-lo foro.
7. Para finalizar, só nos queda abrir de novo o noso foro e volverá a estar operativo sen maiores problemas.
8. Agora, a BD e arquivos do foro PHPBB 2, se todo vos foi correctamente, ou podedelo gardar un tempo, ou borralo, ó voso criterio.
isto é todo amigos.
mais informacion e soporte en
http://www.egalego.com/foros/2007/guia-para-converter-un-foro-phpbb-2-a-phpbb-3-paso-a-paso-vt119.html
Soporte para phpBB 2.0.x rematou
Venres, 2-Xaneiro-2009 1:35A partir das 0:00 UTC do 1 de xaneiro de 2009, xa non será posible a prestación de apoio para phpBB2. Como referencia, consulte o seguinte anuncio feito o 16 de abril de 2008:
http://www.phpbb.com/community/viewtopic.php?f=14&t=900655Os foros oficiais de apoio phpBB2 foron pechados e manteranse dispoñibles “arquivados” estado durante varios meses, exclusivamente para fins de referencia.
Hai unha serie de sitios de terceiros que abriron co fin de ofrecer asistencia en phpBB2. Ademais, algúns sitios de axuda internacional decidiron seguir apoiando phpBB2. Como se indica na páxina web de apoio internacional, PHPBB.com, estes sitios non teñen nada que ver con eles.
Recomendamos encarecidamente que os usuarios que están aínda usando foros phpBB2 os convirtan a phpBB3. Despois de le-la documentación de conversión, máis axuda poderá ser solicitada no Foro de Soporte.
mais informacion
http://www.phpbb.com/community/viewtopic.php?f=14&t=1385785&start=0
Nos proximos dias teredes dispoñible a ultima version de phpbb3 (3.0.4) traducida, preinstalada, e con alguns engadidos
se o desexades xa podedes ir actualizando a
http://www.egalego.com/2008/09/28/lanzado-phpbb-302-preinstalado-en-galego/
Grazas,
Os equipo de egalego.com
Feliz 2009
Venres, 2-Xaneiro-2009 1:28A tódolos nosos amigos queremoslles envia-los nosos mellores desexos para o próximo ano
Aínda que soe a tópico, agardamos de todo corazón que o novo ano tráialles paz, saúde e moitísimo amor
¡ Moitas felicidades!
Wordpress Galego
Mércores, 31-Decembro-2008 1:35Nesta páxina ofrecerémosche sempre versións en galego de Wordpress nun paquete completo listo para instalar. En cada distribución incluiremos plantillas e plugins totalmente traducidos ó galego polo equipo de egalego.com e algúns engadidos adicionais que melloran a experiencia con Wordpress.
Baixa a Distribución egalego.com Wordpress en Galego 2.7
egalego.com é unha comunidade aberta e participativa na que podes publicar todo o que sabes sobre WORDPRESS e outros CMS e dar a coñecer todo o que fas con WORDPRESS:
Tutoriais, Trucos, Axudas, Plugins, Traduccions, Temas
E todo o que poida ser de interese para a comunidade de WORDPRESS en galego.
Rexistrate no noso foro e empeza a publicar.
Kubrick theme para WordPress 2.7 en galego
Mércores, 31-Decembro-2008 1:25‘Kubrick’ é unha plantilla creada por Michael Heilemann para WORDPRESS, que foi adoptada polo equipo de WORDPRESS e acompaña a tódalas versións de WORDPRESS dende 1.5. Tanto é así, que agora se chama simplemente ‘default’ (por defecto).
Como sabedes, o tema default inclúe tódalas novas funcións de WORDPRESS, polo que sempre é un bo punto de partida para deseña-los nosos propios temas ou, ó menos, unha boa referencia.
WordPress 2.7 en galego
Mércores, 31-Decembro-2008 1:20Aínda que xa está dispoñible o arquivo .pot definitivo, a traducción é susceptible de melloras, así que a estamos actualizando constantemente. Por favor, se encontras algún erro, reportao nos comentarios ou no noso foro para enmendalo tan rápido como nos sexa posible.
¡Grazas pola túa colaboración!
Instalación:
1. Descarga o arquivo WORDPRESS 2.7 en galego
2. Descomprimeo.
3. Dentro da carpeta wp-content crea un directorio chamado languages
4. Sube o arquivo gl_ES.mo á carpeta languages que rematas de crear
5. En wp-config.php busca a liña:
define (’WPLANG’, ”);
e a substitúe por esta:
define (’WPLANG’, ‘gl_ES’);
¡Goza de WORDPRESS 2.7 en galego!
Wordpress 2.7 en galego a piques de chegar
Domingo, 28-Decembro-2008 18:25Tiñamos previsto o seu lanzamento oficial para o 25 de decembro, pero tívose que atrasar para solventar algúns problemas de última hora. Non obstante, asemella que a nova versión do mellor CMS para blogs do mundo en galego verá a luz antes de fin de mes
Asi que estade atentos a estas e outras novidades que vos temos preparadas.
Saudos
BBpress traducido ó galego
Domingo, 28-Decembro-2008 7:02Boas
Acabo de traducir bbPress 1.0.4 Alpha ó Galego. Se queredes descargalo tedelo aqui
Para o que non saiba que é Bbpress é o sistema de xestión de foros creado polo equipo de WORDPRESS e que se usa nos foros de WP e Technorati, por poñer un par de exemplos.
O proceso de tradución de bbPress ó Galego é o seguinte:
Descarga o ficheiro da tradución e descomprímeo no teu ordenador
Sube o arquivo ‘gl_ES.mo’ ó cartafol ‘/bb-includes/languages/’ (se non existe creao)
Modifica o ficheiro de configuración de bbPress (bb-config.php) e cambia esta liña …
define('BB_LANG', '');
por esta outra …
define('BB_LANG', 'gl_ES');
Garda os cambios
¡Que o disfrutes!
¡Bo Nadal!
En breve máis novidades….
Como sempre para dúbidas,erros, suxerencias… usade o noso foro
Agardamos a vosa participacion
Bo Nadal
Domingo, 21-Decembro-2008 14:40…e agardamos que xuntos, poidamos levar a bo fin infinidade de proxectos no ano 2009.
Desexámosche unhas Felices Festas e un Próspero Aninovo.
De parte de todo o equipo de egalego.com