O Día Nacional de Galicia e a festividade do apóstolo Santiago o Maior, a nosa festa oficial segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979.
A orixe Remóntase a 1919, cando se celebrou en Compostela a II Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Acordan esta data impoñéndose ás teses defendidas por Antón Villar Ponte para celebralo o 17 de decembro, aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo.
Nesta portada do xornal A Nosa Terra do 25 de xullo de 1920 convócase por vez primeira a celebración. Segundo o texto, agárdase que “dentro de poucos anos non haxa fogar galego, aldeán ou vilego, que deixe de exteriorizar o seu patriotismo no Día de Galicia”.
Fonte: Biblioteca A.Casal (@bpsanxelcasal)
Nesta portada do xornal A Nosa Terra do 25 de xullo de 1920 convócase por vez primeira a celebración. Segundo o texto, agárdase que “dentro de poucos anos non haxa fogar galego, aldeán ou vilego, que deixe de exteriorizar o seu patriotismo no Día de Galicia”. pic.twitter.com/1KIiqxwizc
— Biblioteca A.Casal (@bpsanxelcasal) July 24, 2020
Comentarios recentes