Durante estas semanas nas que o teu negocio ten que permanecer pechado, dende Puntogal Dominio Galego queren axudarche ofrecendo un dominio .gal, correo electrónico e aloxamento web gratuítos.

Desde PuntoGal, de acordo con algúns dos rexistradores cos que colaboran, queren axudarche a seguir en contacto cos teus clientes na rede.

Se es hostaleiro, comerciante, artista, artesán ou vendes os teus produtos, queren botarche unha man para que te podan atopar na rede.

Ofrecenche:

– O teu dominio .gal no que abrir a tua web para que os teus clientes poidan atoparte aínda que sigas confinada.

– Hosting para colocar os teus contidos.

– Dirección de correo electrónico propio co teu nome de dominio .gal para te comunicar cos teus clientes, proveedores ou público interesado nos teus produtos.

Aproveitar esta oferta é moi sinxelo. So tes que darlle os teus datos e faranche chegar un código no enderezo de correo que lles digas. Dalles un pouco de tempo para que poidan considerar a túa solicitude. Este é un proceso manual e pode levarlles un pouco. Agradecémosche a paciencia e recorda que debes aceptar as condicións da oferta.

Descubre máis e fai a tua solicitude en Puntogal Dominio Galego

Bases:

Condicións de acceso gratuíto ao servidor e dominio .GAL No marco da colaboración desenvolvida entre PuntoGal, CdMon e Dinahosting a asignación gratuíta de dominios .GAL e servizos de hosting realizarase en condicións especiais aceptando as condicións de uso que se detallan a continuación:

1. O solicitante utilizará esta oferta para dixitalizar o seu pequeno negocio, iniciativa cultural ou actividade habitual.

2. O solicitante do dominio será o titular do negocio ou actividade.

3. Só se admitirá unha solicitude por negocio ou actividade.

4. Os nomes de dominio rexistrados no marco do presente Convenio activaranse no prazo de 90 días desde a data do rexistro, publicando no mesmo o contido correspondente.

5. Unha parte significativa dos contidos publicados na web estarán en galego.

6. Non se poderán rexistrar nomes de asociacións, empresas, entidades ou marcas locais non relacionadas co solicitante.

7. A propiedade e/ou uso do nome de dominio non pode ser transferida ou vendida a unha terceira parte.

8. O dominio e servidor .GAL ofertado dentro desta oferta será gratuíto para o usuario durante o primeiro ano. A partir do segundo ano deberase abonar o seu prezo de mercado habitual.

9. O usuario ten dereito a non renovar o servizo, podendo en calquera momento cancelar o rexistro realizado.

10. PuntoGal resérvase o dereito de cancelar os dominios que non cumpran estes requisitos.

11. Esta oferta é limitada e se pode interromper en calquera momento.

A participación nesta oferta supón a aceptación das presentes condicións e as xerais do rexistro de dominios .GAL, que se poden consultar na seguinte ligazón.