A fundación Mozilla remata de anuncia-lo lanzamento de Firefox 19, estando dispoñible para a súa descarga dende estes mesmos intres mediante os seus servidores FTP. Aínda que se tráte dunha versión maior non contén cambios moi significativos, unicamente o lector PDF integrado por defectoc omo característica máis destacable.
Xa na anterior versión, Firefox 18, o visor PDF integrado (chamado pdfjs) estaba preparado e dispoñible, pero non activado por defecto xa que se trataba dunha versión en proba e testeo. Agora finalmente, con Firefox 19, esta funcionalidade vén aplicada e configurada directamente, sen necesidade de activala manualmente como ocurría en anteriores versións. Para lembrar, o visorPDF podese activar ou desactivar dende Firefox accedendo a about:config, e establecendo o valor pdfjs.disable en true ou false.
Ademais de incorpora-lo lector PDF, Firefox soluciona diversos erros relacionados co navegador, mellora a velocidade de arranque inicial e engade unha serie de melloras nas ferramentas para desenroladores.
Firefox 19 xa está dispoñible para descargar coas súas versións correspondentes para Windows, Mac e Linux. Se as datas asignadas por Mozilla son correctas, o próximo 26 de marzo poderiamos ve-lo lanzamento de Firefox 20. Só queda agardar para coñece-las súas novidades.
Comentarios recentes