Microsoft lanzou en xullo Outlook online e convidou ós usuarios a que entrasen coas súas contas de correo electrónico. Con esta versión renovada e compatible con Facebook do seu servizo de correo electrónico, Microsoft perseguía o dobre obxectivo de lidiar co correo lixo que reciben a maioría dos usuarios de Hotmail e recupera-la súa cota de mercado perdida fronte ó rápido crecemento do Gmail de Google.
Esta vez, a migración ó novo webmail non se trata dunha catástrofe, como auguraban os numerosos correos virais que recibiron repetidamente os usuarios de Hotmail ó longo dos 17 anos de historia do servizo de correo. Os usuarios terán que utilizar Outlook.com, pero manterán todo -dirección, contactos, calendario, bandexa etc.- exactamente igual, sen ter que facer nada e de forma totalmente natural. E, por suposto, seguirá sendo de balde.
Cando a compañía lanzou Outlook online, o pasado mes de xullo, convidou ós usuarios a que entrasen coas súas contas de correo electrónico. O obxectivo era que os usuarios fosen migrando a este webmail, que utiliza a interface anteriormente chamada Metro, que tamén está presente en Windows 8, Windows Phone e Xbox 360.
Dende hoxe, martes 19 de febreiro, o uso da plataforma Outlook é obrigatorio en web. Iso si, que non cunda o pánico porque aínda que se debe usar esta nova interface, pódese facer coas antigas direccións de correo electrónico de Microsoft. Ademais, é posible solicita-la mesma dirección de correo, pero @outlook.com. Se se opta por esta opción para subir ó tren de Outlook, poderanse combina-las dúas direccións nunha soa bandexa, para que sigan entrando os correos da antiga dirección de Hotmail sen problemas.
Fonte e mais informacion
http://www.lavanguardia.com/tecnologia/20130219/54365531443/hotmail-desaparece.html
Comentarios recentes