Opera 12.10 ten moitas novidades.
Quizais o elemento con máis peso neste Opera 12.10 o encontramos nas extensións, que nesta ocasión son máis potentes que nunca, pero os seus responsables queren destacar outra boa presa de características:
- Compatibilidade co protocolo SPDY, o cal asegura unha maior velocidade de comunicación entre navegador e servidor.
- Compatibilidade coa nova Fullscreen API.
- Xestión do color de imaxes con ICC Profiles para obter cores máis vivos e precisos.
- As extensións poden ser engadidas ós menús contextuais de Opera e, ademais, só poderán ser instaladas dende sitios de confianza.
- Opera 12.10 lévase ben con Windows 8, o cal nos permite facer scroll, zoom, etc. en pantallas táctiles. Estas mesmas características funcionan en Windows 7.
- Tamén é compatible con Mountain Lion. Isto significa unha maior integración con OS X e, ademais de nos permitir compartir páxinas utilizando o método nativo do sistema, intégrase co Centro de Notificacións.
- Compatibilidade con pantallas Retina en Mac.
- Compatibilidade con FlexBox, unha forma sinxela de deseñar páxinas.
- Cando pasémo-lo punteiro por encima dun link fará un prefetch do DNS para cargar máis rápido a páxina se finalmente facemos clic nel.
DESCARGAR
Como sempre Opera é gratis e dispoñible para a súa descarga dende www.opera.com
Para traducilo o galego
1.descargar a traduccion: opera12_10_gl
2.descomprimilo e copiala carpeta gl en
c:\archivos de programa\opera\locale\
3.ir a ferramentas ,opcions, idioma preferente escoller
galego(gl)
pulsar en detalles
idioma da interface de usuario e ahi escoller
c:\archivos de programa\opera\locale\gl.lng
aceptar
e xa esta!
puñado en galego dise presa
grazas pola correccion
Ola:
Teño un problema coa descarga do paquete en galego, non me deixa descomprimir o arquivo en c:\archivos de programa\opera\locale\ saenme varias mensaxes que din “aceso denegado” e “o sistema non pode atopa-la ruta especificada”.
Alguén pódeme axudar?
trato de revisalo e respondoche
grazas por avisar
Teño instalado o opera 12.15
ola
acabo de revisalo e funciona os pasos son
1. primeiro has de descomrpimir o zip no teu escritorio
2. copiar o cartafol (gl) (ollo o cartafol, non o contido por separado) no directorio c:archivos de programaoperalocale
(se che pide permisos de administrador para poder copialo dalle en aceptar)
3. abres opera e vas a menu: configuracion -> opcions -> pestana xeral
ou se o prefires ctrl + F12 e premes na pestana xeral
4. nesa pestana xeral en idioma preferente escolles galego (gl) e premes aceptar
5. reinicias opera e xa esta
se segues con problemas ou dubidas, avisa
de todos modos vou revisar a traducion e poño esto nun novo artigo
grazas
Xa vai! Grazas!
iso si, detectei un erro de tradución: Ao abrir o menú aparece “extensiones” en troques de “extensións”.
Un saúdo e grazas de novo.
grazas por avisar
corrixido en
http://www.egalego.com/arquivos/256
Non é por amolar, mais fáltalle o acento.
non amolas, tes razon
grazas por avisar
nuns intres subo a traducion corrixida a
http://www.egalego.com/arquivos/256
mellor comenta ali se atopas mais erros