egalego, pretende ser unha ponte entre a cultura tradicional (de transmisión oral) e a actualidade, onde as novas tecnoloxías supoñen un importante medio de acercamento entre culturas, divulgación, mantemento e espallamento.
España caracterizase pola existencia de diferentes linguas, recoñecidas pola Constitucion Española de 1978. Dende enton o castelan, e o galego son linguas oficiais.
A lingua é algo vivo e que se crea continuamente, é a maneira en que os que a falan comunican o que fan e o que senten. E elo é tan absolutamente necesario como a liberdade de expresion. Por iso, é fundamental respectar tódalas linguas, porque forman parte dun patrimonio, un patrimonio que é de todos.
A UNESCO proclamou o día 21 de febreiro como Dia Internacional da Lingua Materna en 1999.
As linguas, ademais de se-lo medio que nos permite comunicarnos, interactuar e entendernos con diferentes persoas, son tamen o noso patrimonio cultural e mostra da diversidade existente no mundo en que vivimos. As linguas tamen definen a nosa cultura, a nosa historia, as nosas tradicions… E dicir, é unha parte fundamental da nosa identidade persoal.
En pleno século XXI a metade das 6000-7000 linguas existentes no mundo están en perigo. Unha lingua desaparece cada dúas semanas por termo medio, o cal supón que un pobo que perde a súa lingua, perde tamén a súa memoria. Ademais, a metade dos idiomas actuais teñen menos de 10.000 falantes, e a cuarta parte menos de 1.000.
Por elo é necesario levar a cabo propostas e iniciativas para conservar e fomenta-las linguas, especialmente aquelas ameazadas como poden se-las linguas minoritarias. Unha lingua mantén vivas as tradicións, ofrecenos os coñecementos do noso pasado e sobre o planeta, pero ademais vinculanos máis alá das fronteiras e o tempo.
¡O futuro esta aberto!, depende de ti. ¡Participa!
J.A. Artze: “Unha lingua non se perde porque os que non a saben falar non a aprenden, senon porque os que a saben non a usan”.
Fonte e máis información: Unicef – Comité Español »
Comentarios recentes