Esta versión menor inclúe 35 correccións a fallos, solucionando problemas que afectaban a varios compoñentes, incluídos o editor de bloques, a API HTML e o personalizador.
WordPress 6.7.2 é unha versión de ciclo curto. A próxima versión maior será a 6.8, planificada para o 15 de abril de 2025.
Se tes sitios coas actualizacións automáticas en segundo plano activas, o proceso de actualización empezará automaticamente.
Podes descargar WordPress 6.7.2 desde WordPress.org, ou visitar o teu escritorio de WordPress, facer clic en «Actualizacións» e logo facer clic en «Actualizar agora».
Comentarios recentes