Benvido ao WordPress 6.3

Crea bonitas e chamativas webs con máis eficacia que nunca. Tanto se queres crear un sitio completo sen ter que programar como se eres un desenvolvedor que busca personalizar cada detalle, WordPress 6.3 ten algo para ti.

Fai todo no editor do sitio

WordPress 6.3 reúne por primeira vez o teu contido, modelos e padróns no editor do sitio. Engade páxinas, explora variacións de estilo, crea padróns sincronizados e goza dun control preciso sobre os teus menús de navegación. Xa non perderás máis tempo cambiando entre as distintas áreas do sitio – agora podes centrarte no que máis importa. Da creación á finalización, todo no mesmo sitio.

Crea e sincroniza padróns

Organiza os bloques de formas ilimitadas e gárdaos como padróns para utilizalos en todo o teu sitio. Incluso podes especificar se queres sincronizar os teus padróns (antes chamados «bloques reutilizables») para que un cambio se aplique a todas as partes do teu sitio. Ou ben, utilizar padróns como punto de partida coa posibilidade de personalizar cada instancia.

Traballa máis rápido coa paleta de comandos

Cambia a un modelo específico ou abre as preferencias do teu editor cunha nova ferramenta que che axuda a navegar rapidamente por funcionalidades melloradas. Cuns sinxelos atallos de teclado (⌘+k en Mac ou ctrl+k en Windows), facendo clic na icona de busca da barra lateral na vista do sitio ou na barra de título, chega onde necesites e fai o que teñas que facer en cuestión de segundos.

Perfecciona os teus deseños con novas ferramentas

Os novos controis de deseño aportan máis versatilidade para afinar os deseños, empezando pola posibilidade de personalizar os estilos das lendas desde a interface de estilos sen necesidade de programar. Podes xestionar os teus filtros duotono nos estilos dos bloques compatibles e elixir entre as opcións proporcionadas polo teu tema ou desactivalas por completo. Ao bloque de fondo engadíronselle axustes para a cor do texto, controis de deseño e opcións do borde, o que fai que este potente bloque sexa aínda máis práctico.

Seguimento de cambios de deseño coas revisións de estilo

Agora podes ver o aspecto que tiña o teu sitio nun momento concreto. Visualiza estas revisións nunha liña temporal e accede a unha opción que permite restaurar estilos anteriores cun só clic.

Engade anotacións co bloque de notas ao pé de páxina

As notas no pé de páxina engaden cómodas anotacións ao largo do contido. Agora podes engadir e enlazar notas no pé de páxina para calquera parágrafo.

Mostra ou oculta contido co bloque de detalles

Usa este bloque para non desvelar unha sorpresa, crear unha sección interactiva de preguntas e respostas ou ocultar un parágrafo largo baixo un encabezado.


O rendemento recibe un impulso

WordPress 6.3 inclúe máis de 170 melloras de rendemento, como a compatibilidade con defer e async para a API de scripts e a compatibilidade con fetchpriority para imaxes. Estas melloras poden mellorar o tempo de carga da túa web tal e como o perciben os visitantes, xunto coa resolución de modelos de bloques, a carga diferida de imaxes e o cargador de emojis.

A accesibilidade segue sendo unha prioridade

Coa incorporación de máis de 50 melloras de accesibilidade en toda a plataforma, WordPress 6.3 é máis accesible que nunca. A mellora do etiquetado, a optimización da navegación por pestanas e teclas de frecha, a revisión da xerarquía dos encabezados e os novos controis do editor de imaxes do administrador permiten navegar máis facilmente a quen utiliza tecnoloxías de apoio.


Vista previa de temas de bloques

Experimenta con temas de bloques antes de cambiar e mostra unha vista previa no editor do sitio, con opcións para personalizar directamente antes de lanzarte a un novo tema.

Define a relación de aspecto nas imaxes

Especifica as túas relacións de aspecto e asegura a integridade do deseño, especialmente ao usar imaxes en padróns.

Crea o teu sitio sen distraccións

O deseño sen distraccións agora está dispoñible no editor do sitio.

Redescubre a barra de ferramentas superior

Unha barra de ferramentas superior renovada ofrece selectores superiores para bloques aniñados, opcións ao seleccionar varios bloques e unha nova interface incrustada na barra de título con novas funcionalidades incorporadas.

Melloras na vista de lista

Arrastra e solta en cada capa de contido e borra calquera bloque que queiras na renovada vista de lista.

Crear modelos con padróns

Crea padróns únicos para pór en marcha a creación de modelos cunha nova ventá emerxente que permite acceder á selección de padróns.