Leva a túa experiencia de creación de sitios máis alá con WordPress 6.5. Explora máis vías para facelo teu, con novas funcións e melloras que che axudarán a afinar o teu traballo creativo. Descobre as últimas incorporacións á experiencia do desenvolvedor, con novas ferramentas básicas preparadas para transformar o futuro dos bloques.
Engade e xestiona fontes en todo o teu sitio
A nova biblioteca de fontes permíteche controlar unha parte esencial do deseño do teu sitio web -a tipografía- sen programar nin pasos adicionais. Instala, elimina e activa sen esforzo fontes locais e de Google Fonts en todo o teu sitio para calquera tema de bloques. A posibilidade de incluír coleccións tipográficas personalizadas ofrece aos creadores e editores de sitios aínda máis opcións.
Obtén máis detalles das túas revisións de estilos
Traballa en proxectos creativos cunha visión máis completa do que se fixo e no que podes confiar. Obtén detalles como marcas de tempo, resumos rápidos e unha lista paxinada do total de revisións. Visualiza as revisións do libro de estilos para ver os cambios alleos a aquelo no que estás traballando. Agora as revisións tamén están dispoñibles para modelos e partes de modelos.
Fai máis coas imaxes de fondo nos bloques de grupo
Controla as opcións de tamaño, repetición e punto focal para que poidas xogar con formas sutís ou chamativas para engadir interese visual aos deseños.
Controla mellor as imaxes dos bloques de portada
Establece relacións de aspecto para as imaxes de bloque de portada e engade facilmente superposicións de cor que obteñan automaticamente a cor da imaxe elexida.
Engade sombra paralela a máis bloques
Coa compatibilidade con sombras activada, podes crear deseños con profundidade visual ou engadir un pouco de personalidade ao teu deseño.
Descubre novas vistas de datos
Atopa e organiza os teus datos como queiras con vistas de datos para páxinas, modelos, padróns y partes de modelo. Organízaos nunha táboa ou nunha vista de cuadrícula coa posibilidade de alternar campos para facer cambios en lotes.
Arrastrar e soltar mellorado
Sente a diferenza cando movas as cousas, con útiles indicacións visuais como os elementos desprazados na vista de lista ou o arrastre sen fricción a calquera parte do teu espazo de traballo, de principio a fin.
Controis de ligazón mellorados
Crea e xestiona ligazóns facilmente cunha experiencia de creación de ligazóns máis intuitiva, como unha interface de usuario optimizada e un acceso directo para copiar ligazóns.
Incorpora interaccións aos bloques coa API de interactividade
A API de Interactividade ofrece aos desenvolvedores un método estandarizado para construír experiencias interactivas de front-end con bloques. Simplifica o proceso, con menos dependencias de ferramentas externas, ao tempo que se mantén un rendemento óptimo. Utilízaa para crear experiencias de usuario memorables, como obter resultados de busca ao instante ou permitir que os visitantes interactúen co contido en tempo real.
Conecta bloques a campos personalizados ou outro contido dinámico
Vincula atributos de bloques principais a campos personalizados e utiliza o valor dos campos personalizados sen crear bloques personalizados. Grazas á API de enlazado de bloques, os desenvolvedores poden ampliar esta capacidade para conectar bloques a calquera contido dinámico, incluso máis alá dos campos personalizados. Se hai datos almacenados noutro lugar, dirixe facilmente os bloques a esa nova fonte con só unhas poucas liñas de código.
Engadidas ferramentas de apariencia aos temas clásicos
Ofrece aos deseñadores e creadores que utilizan temas clásicos acceso a unha experiencia de deseño mellorada. Activa a compatibilidade coas opcións de espazado, borde, tipografía e cor, incluso sen utilizar theme.json. Unha vez activada a compatibilidade, iranse engadindo automaticamente máis ferramentas a medida que estean dispoñibles.
Explora melloras na experiencia cos plugins
Agora hai unha forma máis fácil de xestionar as dependencias dos plugins. Os autores de plugins poden proporcionar unha nova cabeceira Requires Plugins
cunha lista separada por comas dos slugs de plugins requiridos, presentando aos usuarios ligazóns para instalar e activar antes eses plugins.
Actualizacións de rendemento
Esta versión inclúe máis de 110 melloras de rendemento, cun impresionante aumento de velocidade e eficacia no editor de entradas e no editor do sitio. A carga é máis de dúas veces máis rápida que na versión 6.4, cunha velocidade de introdución de contidos de ata cinco veces máis rápida que na versión anterior. Os sitios traducidos verán unha mellora do 25% de tempos de carga nesta versión.
Melloras de accesibilidade
Esta versión inclúe máis de 65 melloras de accesibilidade en toda a plataforma, facéndoa máis accesible que nunca. Esta versión engade correccións nos axustes de contraste, enfoque do cursor, submenús e posicionamento de elementos, entre moitas outras, que axudan a mellorar a experiencia de WordPress para todos.
Comentarios recentes